Sen permiso: obradoiro de poesía erótica cuir

Martes 11, 18 e 25 de agosto de 11:00 a 13:00
En liña: a través da plataforma Zoom/Jitsy
Recibirás un enlace 24h antes.

Concibo a escrita como un acto colectivo e por iso quero ofrecer este espazo dixital para reunirnos e compartir o noso tempo. Durante as 6h de formación activaremos dinámicas de escrita creativa e traballaremos arredor da idea da ERÓTICAAAAA. Que nos excita, como recoñecernos, canto de condicionada está a nosa ollada pola violencia? Crearemos un fanzine colectivo que despois recibiredes en papel.

Referentes, pracer como acto subversivo, xogar xogar xogar xogar, fuxir da ollada cisheteromasculina, reapropiación do imaxinario…

Seguimento individual: despois de cada sesión podedes enviarme os vosos escritos para unha revisión ortotipográfica e de estilo.

Intento facer dos obradoiros lugares amábeis para nós, es disidentes, polo que sempre estou aberte a revisar(me) e a escoitar(vos).

 

Prazas amigas: queres asistir e non podes pagar a inscrición? Escríbeme!
Esta info é confidencial 😉

Cancelación e devolución:
De non chegar a un mínimo de participantes, a actividade poderá cancelarse e realizarase un reembolso do 100%.
En caso de enfermidade ou urxencia, proporase unha nova data; en caso de que iso sexa imposíbel, reembolsaranse os cartos íntegros.
Se unha vez feita a inscrición non asistes sen aviso previo e solicitas unha devolución,  aplicarase un depósito de 30€ e devolverase o resto.
Se tes unha urxencia: somos humanes, como Chenoa.

Ao facer o pago, aceptas as condicións.

80,00 

Hai existencias