Foto de Dania Pol_Nuria Vil

Nuria Vil

Resitadora. Nuria Vilán Prado (Sto. André de Comesaña, 1993, Vigo), máis coñecide como Nuria Vil nos circuítos escénicos. Creadora e performer interdisciplinar cun traballo que transita entre a palabra, o corpo e o espazo sonoro. As súas propostas exploran emocións colectivas e a memoria compartida desde unha linguaxe poética e visual sempre comprometida co activismo. Fai parte da Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega. 

A súa traxectoria artística está marcada polo compromiso social e lingüístico e pola visión da arte como unha ferramenta de transformación. Traballa no eido da corrección editorial e da comunicación oral de forma autónoma e imparte cursos de creación literaria. Desde 2016 forma parte de festivais e proxectos multidisciplinares sempre en galego.

En 2025 presenta o reality de A Galega Nail Clue.

Formouse nun Grao en Estudos de Galego e Español na UVigo e no Máster en Estudos da Literatura e da Cultura da USC.

 

Obras

Simún (Ed. Chan da Pólvora, 2021). Finalista Mellor Poemario Gala do Libro Galego 2022. [Audiolibro en gravación].
desobediensia (Ed. Caldeirón, 2026). XX Premio Poesía Erótica Illas Sisargas.

Autoeditado/ libro obxecto:
unha vida tranquila (texto gañador do XVIII Premio Narración Curta de Marín 2025).

Audiovisual

Delincuente (Curtametraxe 12 min. Dirixe Alba Domínguez a partir do poema homónimo e inédito de Nuria Vilán. Material en Super-8 cedido por Manoel da Costa. En distribución con La Machina.
Premio MAV e Xurado Novo no Festival Intersección de A Coruña, Premio Xurado Senior a Mellor Película no Festival Zinegoak de Bilbao e Mención Especial a Mellor Curtametraxe no Festival Cinhomo de Valladolid.

Performance

fluor signifika eskuridade (Poesía performativa. Estrea absoluta Bienal de Arte Pontevedra 2025).
abride sinal (Colaboración coa Fundación Granell 2024. Super-8, collage, palabra falada).
declaro deserto (Saxofón, palabra falada. Estrea absoluta Festival Performa 2024).

Espectáculos

Indóciles (Espectáculo en homenaxe a Luísa Villalta con Mónica de Nut e Vero Rilo, 2024).
X Xela (Espectáculo en homenaxe a Xela Arias con A Banda da Loba, Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro e Vanessa Glemsel, 2021). Sésega (Música experimental, danza e palabra falada con Charles Rapante e Marcia Vázquez, 2017) Grupo F (danza e improvisación oral con Marcia Vázquez, Eva Comesaña e Vanessa Glemsel, 2017). Dúas gamberras e un micro (espectáculo de poesía escénica con Vanessa Glemsel, 2016).

Colectivas

Insubmisión ambigua (Xerais, 2025)
Poetízate: poesía e rebelión (Ed. Xerais, 2024)
Pictura Fulgens (Ed. Continta me tienes, 2023)
Alguén nos lembrará (Ed. Xerais, 2023)
Antoloxía biosbarda para parche (Ruin Alter Edicións, 2023)
Así fala Penélope [unha antoloxía de xénero] (Ed. Chan da Pólvora, 2022)
Poesía Galega Novísima (Ed. Urutau, 2020)
Trobeir*s do século XXI (Ed. Chan da Pólvora, 2019)
Dentes para a mazá (Ed. Chan da Pólvora, 2018)
Pluma, tinta y papel II (Ed. Diversidad literaria, 2013)